Carlos Casares gaña un premio de 25.000 pesetas

La Voz

VIGO

ALBERTO MARTI VILLARDEFRANCOS

Foi en 1973 por As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas

10 mar 2022 . Actualizado a las 13:47 h.

Con seudónimo. Así presentou Carlos Casares o obra As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas ó premio de Teatro Infantil convocado pola agrupación cultural O Facho de A Coruña. A peza, firmada como Ervedelo, foi unha das 23 obras presentadas e das 7 seleccionadas para a final. Casares levou o primeiro premio nun certame no que obtiveron mencións honoríficas Bernardino Graña, Eulogio Rodríguez Ruibal e Dora Vázquez. La Voz de Galicia facíase eco hai 45 anos das deliberacións do xurado -do que formaban parte Rafael Dieste, Ramón Piñeiro, Jenaro Manflas del Valle, Valentín Arias e Concheiro- e do resultado final. A dotación económica do premio era de 25.000 pesetas. Tralo seudónimo Ervedelo, estaba Carlos Casares. E o xornal repasaba a súa traxectoria: «Se da la casualidad de que en 1968 ganó el primer premio del primer concurso de cuentos infantiles, convocado también por O Facho, con A galiña azul, un cuento bellísimo».