O tomiñés é o palexeiro con máis medallas no torneo, catro das 23 acadadas pola federación española
07 jun 2017 . Actualizado a las 05:00 h.Roi Rodríguez (Vigo, 1994) é o palexeiro que máis medallas acadou ata o momento en copas do mundo para o piragüismo español: catro (un prata en tres bronces en K-1 500 e K-1 1000 metros) de 23. O tomiñés, localidade na que reside, achácao a que ten máis tempo para adestrar e que agora pode adicarse ao seu deporte ao 100 %. O reto ao longo prazo son os Xogos, pero este verán quere estar no Mundial absoluto. De entrada no K-1.
-¿Como sentan catro medallas en nove días en dúas citas internacionais?
-Foron datas un pouco estresantes pero a verdade é que estou moi ledo e o resultado que obtiven nas dúas copas do mundo, que eran probas que tiñan un moi alto nivel xa que estaban os mellores piraguistas a nivel mundial, e ser capaz de repetir podio nas catro probas foi un resultado inesperado pero deixome moi contento.
-Non contaba con catro podios...
-Sabía que estaba forte, pero non o esperaba. No 500 teño un pouco máis de experiencia, pero en 1.000 metros era a primeira vez que era capaz de estar nunha final de eses niveis, entón meterme na final e facer podio foi un resultado altamente positivo.
-¿Mellor no 500 ou no 1000?
-Estou baseando a miña preparación nos 1.000 metros porque é a distancia olímpica, pero deféndome de forma similar nas dúas.
-¿Dos catro metais cal foi o máis complicado?
-Complicadas igual foron todas, na distancia de 1.000 metros foi o máis difícil tanto en Hungría coma en Serbia.
-¿Está en mellor pico de forma que en tempadas anteriores?
-Este ano estou adestrando moito. Case rematei a miña carreira, que me quitaba un tempo co que non podía estar na casa sempre, e este ano estou na casa sempre e creo que estou un pouco por riba destes últimos tres anos.
-¿Adícase ao piragüismo dun xeito profesional?
-Este ano si, teño a sorte de ter unha beca de Telefónica que me permite poder adicarme ao 100 % ao piraguismo. A beca téñoa dende os resultados do 2015 cando fun capaz de quedar campión do mundo sub-23 en K-1 e K-4 e a verdade é unha recompensa que me permite adicarme ano 100 % ao piraguismo.
-¿O obxectivo son os Xogos?
-A longo prazo si, pero o obxectivo desta tempada é o mundial absoluto que é a finais de agosto e para o que teremos un selectivo unhas semanas antes.
-No Europeo Marcus Cooper cortoulle o camiño.
-Tivemos un selectivo que me gañou el e irá el no K-1 pero igual vou eu en K-1 500. Estou á espera de que me confirmen a praza.
-¿Cambios na preparación?
-O único é que agora teño moito máis tempo, antes só podía facer unha sesión e agora estou adestrando dúas moitos días, mañá e tarde. Á semana adícolle unhas 30 horas. Habitualmente si, salvo algunha concentración que fixen en Sevilla, Madrid e Asturias con Esteban Alonso e Manuel Pedrares, que tamén axuda.
-¿Como ve a su evolución dentro desta disciplina deportiva?
-Cando gañei o Europeo no 2014, foi a primeira vez que competin fóra e non sabía cal era o meu nivel respecto aos contrincantes e fun capaz de facerme co primeiro posto, foi aí onde empecei a medrar e agora sigo pasiño a pasiño para poder meterme na categoría absoluta, algo que parece que estou conseguindo.
-¿Vese ao nivel dos top do piragüismo español?
-No piragüismo español sí, pero o complicado é manterse e loitar a nivel internacional.
-¿Ve algunha posibilidade de meterse nun K-4 cheo de miuras?
-O barco está en proceso de selección, pero está complicado meterse. Hai disputa e eu estou un pouco no medio. De momento adícome ó K-1 e se me queren, perfecto.
-Máis tranquilo no K-1...
-Estou centrado neste barco. A antaxe é que dependes de ti mesmo, pero a desvantaxe é que te xogas todo a unha proba e se perdes a proba...
-¿Cales son as vindeiras citas do seu calendario?
-En principio o Europeo absoluto é a seguinte proba na que participarei. Sería no K-1 500 ou no K-2 500 con Rubén Millán. Tamén teño o mundial sub -23 pero non sei se participarei porque me coincide moi xunto co selectivo do mundial absoluto. É o que teño que decidir.
-¿Como se lle dá o K-2?
-É unha proba que non estiven traballando moito porque non tiña tempo de adestrar cunha parella. Penso que é unha proba que se me vai a dar ben, pero non tiven oportunidade de traballala.