El ex alcalde de Arbo, Xavier Simón, deja su acta de concejal tras 24 años en activo

La Voz

VIGO

Oscar Vazquez

«É tempo de deixar a porta aberta para as novas camadas de mozos», explicó ayer

24 sep 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

El concejal y ex alcalde de Arbo, Xavier Simón, ha renunciado a su acta de concejal tras 24 años de trabajo colectivo en el municipio. Él mismo comunicó ayer su decisión. «Colócome a un lado porque é tempo de deixar a porta aberta para que as novas camadas de mozos preocupados polos problemas económicos e sociais que padecemos, tomen as rendas do noso futuro», comunicó. El edil hizo un escueto balance de estas dos décadas, «nas que traballamos para que Arbo deixara atrás o caciquismo, para que chegara a necesaria transición democrática e para que puideramos ver un futuro mellor para o noso pobo». Considera que «parcialmente o conseguimos co goberno de coalición» y agradece sus compañeros el camino andado.

«Eu síntome totalmente identificado con ese cambio ocorrido en Arbo e orgulloso dos logros que se conseguiron en tan pouco tempo, con poucos recursos, coa necesidade de sanear un Concello que estaba perto da bancarrota, e cunha oposición aliada cos seus da Deputación e da Xunta tentando asfixiar ao goberno municipal», afirma.

Síntome orgulloso, como digo, e tamén agradecido, señala Simón. «Agradecido á xente de ben que me apoiou como alcalde, e que me respectou como persoa. Agradecido aos meus compañeiros de goberno (Manolo, Pepe e Fabiola) que aguantaron a presión ata o final. Agradecido aos meus compañeiros e compañeiras de organización local que nunca deixaron de crer no proxecto político de transformación de Arbo que eu encabezaba. Agradecido, en fin, a ducias de veciños e veciñas anónimas que confiaron nese proxecto político que reivindicaba ás persoas, que non as diferenciaba por forma de pensar, que apostaba pola transparencia e pola igualdade de oportunidades, que loitaba contra o despilfarro e que construía novas realidades pensando unicamente no benestar colectivo. Grazas a todos e todas pois a vosa desinteresada participación, colaboración e confianza ocuparán sempre un lugar destacado no meu corazón».

Neses 24 anos de traballo político en Arbo« tamén houbo tempo para a desesperanza, os malos momentos e as condutas viles. Pero non paga a pena recordalas agora, e moito menos darlles importancia. So quero mencionar que nas últimas elección municipais encabecei unha candidatura de unidade popular baixo as siglas da Agrupación de Electores de Arbo o que supuxo unha experiencia moi enriquecedora e exitosa: so as mentiras e as prácticas caciquís de algúns e os falsos intereses partidistas de outros impediron por un puñado de votos alcanzar a maioría absoluta, necesaria para continuar na senda da transformación do noso pobo. Malia iso AGRELAR consolidouse como a única alternativa aos gobernos da dereita en Arbo e alcanzou un resultado histórico ao obter case o 46% dos votos emitidos». 

«Coa miña renuncia á acta de concelleiro non dou un paso atrás, nin deixo a miña militancia política de loita por un mundo mellor. Colócome a un lado, porque é tempo de deixar a porta aberta para que as novas camadas de mozos e mozas preocupadas polos problemas sociais e económicos que padecemos tomen as rendas do noso futuro. E agora máis que nunca póñome ao servizo das novas formas de facer política, lonxe de todas as organizacións políticas tradicionais que non serviron para construír sociedades máis xustas e solidarias, e empeño a miña actividade social e militante para contribuír a erradicar o dogmatismo e o caciquismo e para construírmos novos mundos de paz, solidariedade e xustiza, aquí e no mundo enteiro coa linguaxe universal da confianza nas persoas e na súa dignidade como seres humanos».