«Neste libro quero facer unha reflexión sobre o plaxio»

Jorge Lamas Dono
jorge lamas VIGO / LA VOZ

VIGO

CAPOTILLO

O debuxante presenta na súa cidade o seu novo traballo, «El infierno del dibujante»

08 may 2015 . Actualizado a las 04:00 h.

O autor de banda deseñada Kiko da Silva presenta hoxe e mañá na libraría Banda Deseñada (Portela, 3) o seu novo libro El infierno del dibujante (Dibbuks), co que gañou o prestixioso Premio Castelao de Cómic. O autor permanecerá toda a xornada laboral no escaparate da libraría do Calvario, mostrando aos viandantes como é o duro e solitario día a día dun debuxante de banda deseñada.

-¿Cal é o inferno do debuxante?

-Conto a historia de Manuel Pardo, un debuxante que tenta publicar as súas historias pero sempre hai alguén que se lle adianta con a mesma idea. É un homenaxe a todos os debuxantes porque, algunha vez nas nosas carreiras, pasounos isto.

-¿Como conta a historia?

-Interesábame facer un falso documental en banda deseñada, falar da vida de alguén, que é medio realidade e media ficción.

-¿Existen os Manuel Pardo?

-Agora si. Empezou sendo ficción pero agora é realidade. No Facebook ponme a parir e, probablemente, apareza durante a presentación para dicirme algo desagradable. Eu con este libro quero reflexionar sobre o plaxio. El está cabreado porque tamén se presentou ao premio Castelao, pero abriron a miña plica.

-Miguelanxo Prado dixo que é esta unha obra de madurez. ¿Que opina?

-Creo que a partir deste libro queda zanxada unha fase da miña vida. Sempre me interesou a metalinguaxe e a metaliteratura, polo que pode ser unha declaración de principios do tipo de obra que quero facer.

-¿Como é o seu proceso creativo?

-Son ordenado cando traballo, pero non tanto cando creo. Tras ter unha idea, fago un longo traballo de meditación. Levo anos con este libro, e lle queda ben porque imito estilos de diferentes persoas.

-¿Cal é o sentido de estar no escaparate da libraría?

-Temos que sorprender aos lectores. As presentacións clásicas son do século pasado. Ademais este libro é peculiar e pedía unha presentación distinta. Hoxe estarei no escaparate e mañá, durante a presentación, farei unha performance.

-¿Afectoulle moito a crise á banda deseñada?

-Excepto aos banqueiros que crearon a crise pero non a notaron, ningunha profesión librouse dela. Os da banda deseñada vivimos sempre nunha crise permanente e estamos acostumados á precariedade. Eu, se non puidera gañarme a vida facendo banda deseñada, faría igual, producindo menos. Os que temos a enfermidade de contar historias con imaxes necesitamos sacalas ao papel.