Os Bolechas reúnen dez grupos no seu primeiro libro-disco

VIGO

A creación de Pepe Carreiro pretende ser herdeira do Xabarín Club

12 nov 2013 . Actualizado a las 22:50 h.

«Os Bolechas fan unha banda» é o título do primeiro libro-disco que publica a popular saga creada por Pepe Carreiro. O libro-disco segue o ronsel do Xabarín Club. Reúne a dez coñecidas bandas e artistas galegos, como The Homens, Aid, Eladio y Los Seres Queridos ou Transilvanians. A presentación do disco de Os Bolechas tivo lugar no Centro Cultural da Fundación Novacaixagalicia, entidade copatrocinadora deste proxecto. Os primeiros nenos en escoitar as cancións do disco foron os alumnos dos CEIP Ramón y Cajal e San Salvador de Teis. Antonio Couto editor do libro recordou que unha parte do valor económico de cada exemplar vai ser destiñado á oenegue galega Arela, que «desenvolve unha gran labor coa infancia en Galicia». O disco dos Bolechas inclúe desde a música tradicional galega de Pandeiromus ata a cumbia de O Sonoro Maxín, pasando polo punk máis divertido de Novedades Carminha, o rock de Ataque Escampe ou Sés, o reggae de Transilvanians, o power pop de The Homens. o po pausado de Eladio y los Seres Queridos, o electrónico de Álex Casanova ou o rap de AID.