Os licenciados galegos do teatro crean o seu propio festival

VIGO

Teatro á Feira mestura teatro e gastronomía porque é un festival patrocindo por hosteleiros

24 ene 2013 . Actualizado a las 14:46 h.

Teatro á Feira: Festa de Teatro Emerxente é a tarxeta de presentación da recén creada Asociación de Titulado/as en Estudos Superiores de Arte Dramática, que quere defender os intereses dos licenciados. Dín que son escenógrafos, actores, directoras e dramaturgas «que o que lles preocupa é chegar á xente». E por iso veñen de presentar o festival que definen como «unha degustación de espectáculos e das mellores tapas e viños de Vigo».

O teatro póñenno eles e as tapas os establecementos hostaleiros que apadriñan os espectáculo. O festival comezará o vindeiro 1 de febrero no auditorio municipal da Praza do Rei. Ese día, Compañía Escenate porá en escena Mambo, dirixida ao público maior de 10 anos.

Xa o sábado, e dirixido ao público infantil, Compañía Artefakto presentará Laranxus 7. Pola tarde, haberá dúas obras pequenas a cargo de Artmonium e Anómico Teatro. Posteriormente, Compañía das Marías representará a obra Malena eres de gracia e, despois, Compañía Triateros porá en escea Improperio. Ao día seguinte, no mesmo lugar, Fundación Igualarte mostrará Con moito conto, e Triateros representará Hamster.