Ponte nas Ondas falla o certame de recollida da tradición oral galego-portuguesa

VIGO

Os premios van ser entregados o 19 de outubro no municipio portugués de Caminha

12 oct 2013 . Actualizado a las 19:52 h.

Oito centros escolares, dende Primaria á universidade, de Galicia e Portugal foron distinguidos pola asociación cultural Ponte nas Ondas no VI Certame de Recolla da Tradición Oral Galego-Portuguesa. O certamen propuña a realización dun exercício de recolla dunha expresión do patrimonio oral galego-portugués. Esta VI edición a temática centrábase nos contos populares. Na categoría Ensino Primario e Básico obtiveron o primeiro premio Jardín de Infância de Boavista?Aldreu, Agrupamento Vertical de Escolas de Fragoso, e o segundo, Escola Básica Integrada de Apúlia ? Esposende. Na categoría Ensino Secundario Obrigatorio e Ensino Secundario gañou o primeiro galardón o proxecto conxunto presentado polos centros IES A Sangriña, de A Guarda (Pontevedra), e EB2 3/S Caminha, namentres que o segundo foi para o IES Aquis Querquernis, de Bande (Ourense). O xurado decidíu otorgar un accésit ao traballo do IES Terra de Turonio, de Gondomar (Pontevedra).

Na categoría Ensino Profesional e Ensino Profissional o gañador foi a Escola Profissional Infante Don Henrique, de Porto; en Bacharelato e Ensino Complementar, o IES Aquis Querquernis, de Bande (Ourense); e no universitario, o proxecto presentado por Tamara Costas Caamaño, estudante de doutorado na Facultade Química da Universidade de Vigo, e Carlos Álvarez Gómez, Estudante de Grao de Enfermería en Povisa-Universidade de Vigo. A entrega de premios realizarase o próximo venres 19 de outubro nun acto público que se celebrará na Câmara Municipal de Caminha.