O mar de soños de Bernardino Graña

CANGAS / lA VOZ

VIGO

30 sep 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

A asociación A Cepa atopou nun poema de Bernardino Graña o título do séptimo volumen da colección Antoloxía de Soños adicada aos poetas populares de Cangas. O libro acaba de saír da imprenta co nome Mar de soños.

É unha homenaxe á vez que unha visión do escritor como cangués. Os autores, membros da citada asociación, elixiron os poemas que más lles gustan, así como o conto O pan e o viño, do libro Fins do Mundo, editado en 1974, no que relata as aventuras dun veciño de Nerga, Eleuterio, cando viaxou á vila de Cangas subido nun burro para mercar unha bola de pan.

«Buscamos na súa obra, lemos, explicamos, discutimos, mergullámonos no seu labor poético e escollemos todo aquilo que máis nos gustaba a todos», indica A Cepa na contraportada do libro

Tanto os poemas como o conto están xa editados, pero o libro incorpora un álbum de fotografías das que unha boa parte son inéditas, cedidas polo escritor ou feitas polo arquiveiro da asociación e fotógrafo José Luis Lorenzo Colón.

En varias delas aparece Bernardino Graña cos amigos e familiares fai uns cincuenta anos. Hai imaxes do poeta con María Xosé Queizán, ao carón de Otero Pedrayo nunha charla en Cangas, levando do brazo á Miss España canguesa Olga Fernández en 1974 para ler o pregón das festas patronais, co escritor José María Castroviejo na sú casa de Tirán ou nun vello barco de vapor de transporte de ría en compañía do cura cangués Teófilo, xa falecido, popularmente coñecido como O Chambelán.

Onte, no acto de presentación, o artista Camilo Camaño, afirmou: «Bernardino é unha desas persoas que se non existise habería que inventala». Vázquez Pintor dixo: «Temos Bernardino para moitos anos e cando non estea, quedaranos a súa memoria».

O libro de Graña é o número 7 da colección, aínda que están pendentes de saír á luz dous anteriores, Romaría de soños, adicado ao poeta local Cecilio Rial, e Antoloxía de soños, sobre o parroquiano de Coiro José Manuel García Rodríguez. A Cepa destinará o número oito a Vázquez Pintor.

O número cinco descubriu a una canguesa esquencida, Sarah Lorenzana. Una muller que escribiu máis de coarenta libros e da que non se tiñan apenas noticias. Fernando Cuñarro, o coordenador da colección, propúxolle ao alcalde cangués adicarlle una rúa a esta escritora. Bernardino Graña e Vázquez Pintor xa a teñen