V Televisión sortea cinco abonos para o festival Vigo Transforma

Redacción digital VIGO

VIGO

Para participar hai que contestar na web da canle unha pregunta sobre o programa «Música Ambiente»

06 jul 2010 . Actualizado a las 13:11 h.

V Televisión sortea entre os seus seguidores na Rede cinco abonos para Vigo Transforma, un festival de música e arte que parte cun cartel máis que apetecible na súa estrea. Así, polo escenario instalado no Muelle de Trasatlánticos pasarán, entre os días 9 e 10, músicos como The XX, Orbital, Devendra Banhart, Jeff Tweedy, The Divine Comedy ou Love of lesbian, entre outros.

Para conseguir un abono os seguidores da canle simplemente deberán respostar na sua web a unha pregunta sobre o programa «Música Ambiente»: ¿A que grupo galego entrevista Xurxo Souto nas pozas de Ourense? No espazo propio do programa podense visionar de novo os 5 capítulos emitidos ata o momento para poder sacar a resposta do concurso.