03 dic 2009 . Actualizado a las 02:00 h.
«Hai que humanizar os orzamentos municipais», afirmou Francisco Vallverdú, voceiro de Eduación sen Fronteiras, para referirse á escasa aportación económica do Concello de Vigo á cooperación internacional. Según a Dirección Xeral de Políticas de Desarrollo, Vigo so aporta cen mil euros do seu orzamento anual a este obxectivo. A cifra representa o 0,043% do seu orzamento, e queda moi por detrás de municipio como Xixón (0,7%, 1,6 millóns de euros), Córdoba (1,1%, 3,7 millóns de euros) ou Logroño (0,6%, 1,1 millóns de euros).
Para cambiar esta tendencia, A Rede Social Galicia Sur, que inclue a vinte oenegués da cidade e a súa área metropolitana, presentou onte a campaña Presiona contra a pobreza, na que se pretende que os cidadáns fagan ver aos políticos que votan nas furnas qué é posible vencer acadar os Obxectivos do Milenio, asinados hai nove anos polos Estados. «O noso obxectivo é erradicar a pobreza no mundo e na nosa cidade», sinalou David Viso, de Entreculturas.
Os integrantes do foro solidario recordaron que o alcalde comprometeuse a chegar, neste mandado, a un investimento en cooperación internacional do 0,3% do orzamento municipal, porcentaxe moi lonxano do 0,043% actual. Tamén reclamaron a apertura dun centro de inclusión social para persoas sen fogar en Vigo, e a creación dunha liña propia de cooperación para o desenvolvemento, que na actualidade só está dotada con 30.000 euros.