«Vou moito pola zona antiga, teño moitos amigos alí»

M. García

VIGO

18 oct 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

Ignacio Zambrana Fariña, Vigo, 1979, é o agraciado co premio de «Percorridos no Casco Vello» patrocinado por Tenencia de Alcaldía do Concello de Vigo e polo Grupo Voz.

-¿Por que participou no concurso?

-Pareceume unha iniciativa curiosa e ben bonita, para dar a coñecer o Casco Vello. E que da a oportunidade de desfrutar de algo que temos abandonado. Vou moito, teño moitos amigos alí.

-¿Que opina da evolución do barrio nestes últimos anos?

-Noto melloría en canto á rehabilitación de edificios, agora haberá que procurar habitar eses inmobles. Esta quedando bonito, pero con casas vacías.

-¿Vostede viviría alí?

-Si, a moitos nos encantaría.

-¿E que bota de menos para o barrio?

-Xente, servizos, supermercados, bancos...

-¿E para conseguilo?

-Que o Concello e a Xunta se poñan de acordo para ocupar as casas, isto vai ser o que reactive a vida no barrio. É o momento para que se ocupe o barrio con xente que tire dos servizos. E que se faga con prezos asequibles para que a xente nova veña a vivir.

-¿Que destacaría do Casco Vello na actualidade?

-Independentemente do aspecto que ten hoxe o barrio, hai moito que ver e desfrutar, eu animo a xente a que baixe a dar unha volta, merece moito a pena.

-¿Xa sabe con quen vai compartir o premio?

-Pois todavía non, terei que pensalo.