«Os especuladores do PXOM do 2006 seguen aí pero que non conten co BNG»

La Voz

VIGO

04 jun 2008 . Actualizado a las 02:00 h.

Gondomar é o único Concello do Val Miñor no que non hai estabilidade política no salón de plenos.

-¿Por qué fracasaron as negociacións co PSOE?

-Fomos o único goberno de Galiza que ofertou ao PSOE as concellerías de Urbanismo e Vías e Obras, entre outras. O PSOE non dixo que é o que queren para entrar a gobernar e no BNG acordamos non perder máis enerxías nesta discusión. Cando queiran falar e gobernar de verdade, que chamen.

-¿Qué lle diría aos veciños que demandan solucións inmediatas ao bloqueo urbanístico?

-Que non as hai. As únicas solucións son a disposición adicional segunda da Lei do Solo e o Plan Xeral. En menos de dos ou tres anos non vai haber Plan Xeral. Fago un chamamento á oposición a que aproveiten esta oportunidade de reconducir o urbanismo , porque non hai atallos.

-¿E recuperar o Plan do 2006?

-Está baixo sospeita. Os intereses bastardos que se agochaban no plan do 2006 seguen aí e agora empezan a mover os seus fíos. Os que ían a beneficiarse das reclasificacións non desapareceron do mapa e supoño que están presionando aos políticos para que a cousa volva a onde a eles lles interesa. Co BNG que non conten.