Definíuse como un utópico. «Mantéñome na utopía _afirmou, non sen certa sorna_ de que neste século XXI haxa o que nos prometeran no século XX: menos traballo e máis tempo para ler. Espero que cheguen as semanas de catro días e o resto, para descansar, durmir e tamén ler. Nos anos cincoenta nos dicían que non ía ser necesario traballar tanto, porque viñan as máquinas, os robots e que os xaponeses estaban dalle que dalle».
A homenaxe incluiu unha chea de actos que culminaron onte á noite cun concerto e un recital poético no auditorio cangués.