Derradeira ocasión para ver ArtFutura

VIGO

Reportaxe | Audiovisual O festival internacional de creación dixital entra na súa última fin de semana de exhibición no Museo de Arte Contemporánea de Vigo

22 nov 2006 . Actualizado a las 06:00 h.

A decimosétima edición do ArtFutura, o festival de referencia en creación dixital e novos medios, chega a súa derradeira fin de semana de exhibición no Museo de Arte Contemporánea de Vigo. O festival se presenta simultaneamente noutras oito cidades españolas. Baixo o título Estética de Datos , o festival achégase este ano a terreos como a visualización de datos, a media-arquitectura, que pretende integrar os fluxos de datos nos espazos urbanos, e a introdución nos espazos escénicos das dinámicas da representación da información. Nun momento no que os usuarios da Rede cada vez xeran e canalizan de distintas formas maiores volumes de información, artistas, deseñadores e tecnólogos estanse a interesar por deseñar novas maneiras de representar e visualizar o movemento constante de datos que nos rodea. Como novidade, este ano amplíase o número de sesións para ofrecer dúas pola tarde, ás 17.00 e 19.00 horas, todos os días das proxeccións, e unha sesión matutina, ás 12.00 horas, os sábados e domingos. Así mesmo, o prezo acomódase a tarifa xenérica de 1 euro por sesión (tamén canxeable pola entrada do Marco dese día.) Ademais da exhibición do programa audiovisual de ArtFutura 2006 no salón de actos, na Biblioteca-Mediateca do Marco están dispoñibles todos os programas de ArtFutura e Resfest das edicións 2003, 2004 e 2005, en formato dvd. Tanto o acceso á Biblioteca-Mediateca como a consulta de materiais audiovisuais son libres e gratuítos Programa de hoxe Con pases ás 17.00 e ás 19.00 horas, o Marco ofrece hoxe a exhibición de dos programas do Festival ArtFutura. Trátase do programa A ( ArtFutura Show 2006 I e Renaissance ) e o B ( ArtFutura Show 2006 II e A Scanner Darkly ). (60¿) e II son dúas seleccións que recompilan as mellores producións internacionais de animación por ordenador e efectos visuais. Pola súa banda, Renaissance recupera moitos dos motivos recurrentes do cyberpunk , é dicir, unha escura e degradada visión da cidade do futuro, perversas multinacionais da biotecnoloxía, pero o seu realizador, Christian Volckman, factura un auténtico cine negro dixital. A Scanner Darkly Philip K. Dick. é unha adaptación ao cine dunha obra de Philip K. Dick. O filme pretende demostrar que é posible realizar outra clase de animación dixital, alonxada esteticamente do modelo Pixar, Dreamworks.