A asociación veciñal de Darbo otorga a Eduardo Mallo o VII Premio Daravelo

La Voz LA VOZ | CANGAS

VIGO

21 oct 2006 . Actualizado a las 07:00 h.

? asociación de veciños de Darbo concedeu a séptima edición do Premio Daravelo a Eduardo Mallo Regueiro polo seu labor ao longo dos trinta e oito anos de vida en Cangas. Mallo naceu en 1939 en Santa María de Restande, en A Coruña. Aos trece anos ingresa no seminario de Santiago. Tras ser ordenado sacerdote, ten un primeiro destino en Carral e posteriormente, en Cangas. Eduardo Mallo participou activamente na Xuventude Obreira Católica, sendo representante da comarca do Morrazo e integrante do grupo de consiliarios da JOC a principios dos anos setenta. Mallo foi o gran impulsor desta formación en Cangas desde o centro parroquial da Fonte do Galo, onde se celebraban charlas, teatro ou actuacións musicais e se programaban excursión e outras actividades. Participaron nelas centos de persoas de Cangas e da comarca en xeral. A JOC foi a canteira dun gran grupo de militantes de esquerda que co tempo foron aproximándose ao Partido Comunista e ao nacionalismo entón emerxente, afastándose ao mesmo tempo e non sen tensións da JOC e do que dalguna maneira tiña sido o seu guía. A Mallo no lle faltaron problemas coa policía. Eduardo Mallo foi capelán do colexio da compañía de María desde a súa chegada a Cangas. Anos despois, en 1981, pasou a ser profesor do centro, impartido diversas materias (linguas galega e castelán, sociais, ciencias ou relixión). Previamente, estudiou Maxisterio en Pontevedra na especialidade de Humanas. Foi tamén capelán da Adoración Nocturna e párroco de Darbo durante tres anos a partir 1986. O primeiro premio Daravelo foi para a propia asociación veciñal. En anos sucesivos o recibiron Bernardino Graña, Carmen Avendaño, Pepe «o poeta», Eugenio Santos Sequeiros e, o pasado ano, o escultor Manuel Coia. O premio será entregado o domingo e contará coa presencia do alcalde.