Empresario e galeguista

Reportaxe | Enrique Peinador Lines A vila de Mondariz-Balneario lembra esta fin de semana ao home que soubo conxugar o éxito nos negocios co respecto e o apoio a súa cultura galega


vigo

O ano pasado, unha representación da Fundación Premios da Crítica, Real Academia Galega, Museo do Pobo Galego e outras entidades solicitáronlle á corporación de Mondariz-Balneario que fixera fillo adoptivo da vila, a título póstumo, a Enrique Peinador Lines.Foi o comezo dun recoñecemento institucional ao fillo do fundador do balneario de Mondariz e un dos principais impulsores da vida cultural na Galicia da primeira mitade do século pasado. Mañá, o pleno da corporación da vila termal fará efectivo o nomeamento, pero xa dende o pasado mércores vanse desenvolvendo actos vencellados á figura do empresario galeguista. O primeiro paso foi a presentación do libro La mancomunidad gallega , de Lois Peña Novo, editada agora por Biblos, e que fora premiada polo Balneario de Mondariz o ano 1921. «Enrique Peinador Lines creou daquela un premio moi ben dotado económicamente, para fomentar os estudos sobre o futuro réximen autonómico de Galicia», afirma Xosé González. Hoxe, terá lugar unha nova presentación bibliográfica. Trátase de Enrique Peinador, empresario e galeguista , (Ir Indo) de Fernando Franco e Celia Ameneiro. O acto vaise desenvolver na Casa do Concello de Mondariz-Balneario, a partir das 12.30 horas. «É a primeira biografía de Enrique Peinador», suliña o presidente da Fundación Premios da Crítica. Tamén hoxe terá lugar outra presentación, neste caso, audiovisual. Trátase do documental feito polo vigués Pío García. «Este home e máis eu fomos localizando o que non sabiamos; nun fallado dunha casa de Mondariz achamos catrocentas fotografías en bo estado que amosan o que era o Mondariz da época dos anos vinte, pero tamén atopamos unha película do ano 29, títulase Viajando por Galicia, na que aparecen as únicas imaxes animadas que se coñecen do ambiente en Mondariz ao redor do balneario», sinala Xosé González.MonumentoAs imaxes foron incluidas no documental, que dura vinte e dous minutos, e vai ser estreado maña, tras a actuación da Orquesta Clásica de Vigo, xusto despois da inauguración do monumento adicado a Peinador. Esta escultura, feita por José Molares en bronce, foi finanzada por la Deputación de Pontevedra.Os actos do día de hoxe rematan coa participación do catedrático de Historia Ramón Villares nunha conferencia sobre a figura do persoeiro homenaxeado. Mañá sábado, as cinco da tarde, terá lugar a sesión extraordinaria do pleno da corporación co único punto na orde do día do nomeamento de fillo adoptivo de Enrique Peinador Lines. Rematado o acto, hai un pequeno acto complementario no que falarán o secretario da Real Academia Galega, Manuel González, e o presidente da Fundación Premios da Crítica, Xosé González. Posteriormente, unha comitiva partirá dende a Casa do Concello até os xardíns do balneario, onde o presidente da Xunta inaugurará o monumento a Peinador. A derradeira actividad prevista para o ano en curso vai comezar a desenvolverse no vindeiro mes de outubro. É o Foro Enrique Peinador para o debate de economía e as entidade. «É un proxecto de maior alcance, pero que nace a rebufo da homenaxe a Peinador», explica Xosé González, presidente da Fundación Premios da Crítica. «É un foro que terá continuidade en anos vindeiros e que ten xa nomeada unha comisión executiva, na que hai xente como López Peña, Lorenzo López ou Carlos Varela», engade.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos

Empresario e galeguista