A Lonxa Literaria xuvenil faralle unha homenaxe á escritora María Victoria Moreno o próximo sábado

La Voz LA VOZ | MOAÑA

VIGO

21 ene 2006 . Actualizado a las 06:00 h.

? sección xuvenil da Lonxa Literaria de Moaña renderalle unha homenaxe a María Victoria Moreno, extremeña afincada en Pontevedra, falecida o pasado mes de decembro. Esta escritora foi a que inaugurou as tertulias da Lonxa Xuvenil, en febreiro do 2004, comentando o libro Anagnórise. Os rapaces da lonxa valoraron moi positivamente o trato e a xenerosidade de María Victoria Moreno, que acudiu á tertulia acompañada polo seu home, o cubano e tamén escritor Pedro Ferriol. A homenaxe consistirá na lectura pública de fragmentos da obra da escritora. Tera lugar o día 28, a partir das 18.00 horas. Haberá tamén una exposición bibliográfica da falecida e se fará un repaso da súa vida a as súas obras más importantes. María Victoria Moreno fixo literatura infantil e xuvenil (Guedellas de seda e liño, Á brétema, etc.): é autora da recopilación «Os novísimos da poesía galega» e dun libro no que relata as experiencias de convivir cun cancro que foi o que finalmente lle provocou a morte