O Festival da Poesía no Condado está adicado este ano á defensa dos ríos

As actividades comezan hoxe cun percorrido histórico pola produción de cine galego O recital terá lugar o sábado no castelo de Salvaterra de Miño e participarán poetas e músicos


vigo

é o lema elexido este ano pola Sociedade Cultural e Desportiva do Condado para singularizar a 19 edición do Festival da Poesía no Condado que dende hoxe se desenvolve en Salvaterra de Miño.A organización cultural do Condado contou coa axuda financieira do Concello de Salvaterra e algunhas empresas, pero volveu a ser ignorado pola Xunta e a Deputación de Pontevedra. O festival comeza hoxe cunha xornada adicada ao audiovisual galego, na que se vai realizar um percorrido pola história do cinema produzido en Galicia. Os filmes programados son Galicia , de Carlos Velo; O monte é noso , de Llorenç Soler; Mamasunción , de Chano Piñeiro; CCCV , de Ramiro Ledo Cordeiro; e as curtametraxes premiadas na última edición do Festival de Cans: Minotauromaquia , de Juan Pablo Etcheverry; Corten , de Mario Iglesias; Onde non o esperas , de Diego Méndez; e Intensidade , de Mario Iglesias. A proxección comezará às 21.00, na Casa da Cultura de Salvaterra. Ainda que este ano o festival chega a súa 19 edición, a primeira entrega do mesmo tivo lugar no ano 1981, pero tivo un parón de cinco anos debido á falta de financiación.Día de BrasilA programación de mañá comeza as once da noite e está adicada a Brasil. Nas Covas de Dona Urraca actuará o Trio Pagú, con Alex Liberallis. Ademáis, se servirá feixoada, viño e caipiriña. Como o lugar ten un aforo limitado hai unha reserva de billetes no enderezo electrónico da Sociedade Cultural e Desportiva do Condado (info@scdcondado.org).O día grande do festival é o sábado co desenrolo do Festival Poético-Musical. «Hai anos era a Asociación de Escritores en Lingua Galega quen elexía aos poetas que participaban, e é algo que queremos recuperar», explica Xosé González, membro da organización. Este ano os poetas participantes son Antón Lopo, Mário Herrero, María Comesaña, Afonso Pexegueiro, Bernardino Graña, Mª do Carmo Kruckenberg, Luz Pozo, e José Viale Moutinho. Ademáis, están convidados os poetas vascos José Luis Otamendi e Ínigo Aranbarri, e a catalá María Cabrera. O recital comezará as sete e media da tarde e vai ser presentado polo actor Quico Cadaval. A segunda parte do festival do sábado está adicado á música, e os protagonistas son os grupos galegos Os Carunchos, A Quenlla e A Matraca Perversa, o cantautor Miro Casabella e os cabo-verdianos Nancy Vieira.Programa complementarioO programa vaise completar con as exposicións de pintura realizadas por Augusto Fontám e o Grupo de Artistas Luso-Galegos; fotografia en torno aos ríos, con imaxes de Afonso Sestelo ( Visións do Miño ), da Asociación de Pescadores da Ulloa ( Non aos encoros . Fotografías das Torrentes de Mácara) e unha mostra colectiva de fotografías de mobilizacións populares en contra dos encoros.Tamén haberá desde hoxe mesmo exposicións tallas de madeira de Serra e mostras de artesanía con cesteiros, tamanqueiros e cabaqueiros. Novamente, o sábado volverá a desenvolverse a tradicional festa infantil, que contará con títeres, contacontos, aeromodelismo e piráguas. Ademáis, pola mañá, a partir das 13.15 horas, nas Covas de Dona Urraca, desenvolveranse dúas conferencias en torno à defensa dos ríos, nas que falarán Daniel Vispo, da organización ecoloxista Adega, e Xabier Simón, da Plataforma en Defensa do Miño. Pouco antes, às doce do mediodía, os poetas convidados asinarán libros no mesmo lugar. Ademáis, como cada ano, edítase un libro que recolle as pezas de todos os poetas que asisten ao festival. O libro comparte o seu título con o festival, Salvemos os ríos , e poderá-se adquirir durante o festival en Salvaterra de Miño.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Vigo

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos

O Festival da Poesía no Condado está adicado este ano á defensa dos ríos