O espectáculo «Vento mareiro» repasa hoxe contos do mar con ritmos bailables


la voz | vigo

Dirixida por Avelino González e interpretada por él mismo e o grupo Caramuxo, hoxe as 22.30 horas terá lugar no Auditorio do Centro Cultural Caixanova a representación de Vento Mareiro , un espectáculo músicovocal que conta historias de mar mesturando a orixinal proposta musical do cuarteto Caramuxo, formado por Fernando Abreu, Xoán Carlos Vázquez, Óscar Prieto, Cándido Cabaleiro e Patricia Cela, a partir de temas do repertorio tradicional galego e músicas populares, coa sabiduría do narrador Avelino González.O contacontos e fonte de historias, sucesos e anécdotas amables, tráxicas ou canallas como contar a historia das baleas de Massó en Cangas e o xabón de La Toja; a da decadencia do acordeón por culpa das sereas que acaban bailando o tico-tico homenaxeando ós Acordeóns Mallo; ou a historia do Andrucho -de Avilés de Taramancos- que de patrón de veleiro na ría de Noia, converteuse, xa vello, en contrabandista no Amazonas. Os autores definen o espectáculo como bailable, «a medio camiño entre unha sesión de contacontos e a sesión vermouth. As entradas costan 6 euros.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos

O espectáculo «Vento mareiro» repasa hoxe contos do mar con ritmos bailables