Caixanova homenaxéa a Lorenzo Varela a través de visitas guiadas a súa colección de arte galega

La Voz LA VOZ | VIGO

VIGO

XOAN CARLO GIL

16 may 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

Xesús Lorenzo Varela exerceu como crítico de arte e compartíu vivenzas e inquedanzas con moitos dos artistas que integran o Espacio Colección Caixanova. Este foi o motivo que levou os responsables da colección para organizar visitas guiadas e comentadas polo espacio ubicado no primeiro andar do Centro Social Caixanova. A homenaxe coincide coa celebración do Día das Letras Galegas, nesta ocasión adicado a Xesús Lorenso Varela, que tamén traballou como xornalista cando viviu en México. Alí colaborou, xunto a Octavio Paz, en revista de prestixo literario coma Correo literario . Os visitantes poideron onte contemplar a excelente colección de arte galega que ten a entidade financieira Por outra banda, Caixanova obsequiará con unha lámina de un dos fondos da Colección Caixanova ás persoas que visiten o Espacio Colección Caixanova os días 18, 19 y 20 de maio para festexar o Día Internacional do Museo. Así mesmo, a caixa de aforros tamén programo visitas guiadas a este espacio os tres días ás 19.00 horas. Agasallo de láminas Consolidado como unha oferta cultural ineludible, o Espacio Colección Caixanova acollerá durante os días 18, 19 e 20 de maio, en horario de 18.00 a 21.30 horas, a celebración do Día Internacional do Museo con todo un programa de actividades que incluen sorteos e agasallos para todos os que o visiten ao longo das tres xornadas. O Espacio Colección Caixanova é un novo concepto de museo vivo que, con vocación de permanencia, sométese á revisión periódica que permiten os fondos que Caixanova posee, e que medran constantemente co afán de enriquecelo. Máis de cen obras compoñen un recorrido artístico, desde mediados do siglo XIX ata os nosos días, da man de algúns dos máis importantes artistas galegos nese periodo. A primeira actividade prevista será unha visita guiada ao Espacio Colección Caixanova ás 19.00 horas, os tres días. O público percorrerá as sete salas que compoñen este espacio acompañado pola monitora da actividade que dotará á exposición de contexto histórico e artístico, sen esquecer a vertente lúdica e amena do arte. Outra faceta da celebración consistirá no agasallo que recibirán todos os visitantes do Espacio Colección Caixanova nalgunha das tres xornadas. Trátase dunha lámina da Colección Caixanova en formato 100 x 70 que o público poderá escoller de entre diferentes modelos. Ademáis, todos os visitantes poderán participar no sorteo dun lote de catálogos de algunhas das principais exposicións organizadas pola entidad.