Caixanova propón unha visita guiada pola súa colección de pintura galega o 16 de maio

La Voz LA VOZ | VIGO

VIGO

12 may 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

Co gallo do Día das Letras Galegas, Caixanova convida ao público a unha actividade que terá lugar na víspera da súa celebración, o luns 16 de maio, ás 19.00 horas. A través dunha visita guiada ao Espacio Colección Caixanova, no que están presentes os mellores artistas galegos dos últimos 150 anos, a entidade financeira quere dar a coñecer a faceta de crítico de arte de Xesús Lorenzo Varela Vázquez, que compartiu vivencias e inquedanzas con moitos dos artistas que integran o Espacio Colección Caixanova. Comprometido coa sociedade que lle tocou vivir, Lorenzo Varela realizou tarefas de xornalismo, mesmo gráfico, xunto ao destacado fotógrafo arxentino Horacio Cóppola. Colaborou no exilio en México en revistas xunto a Octavio Paz e exerceu tamén como excelente crítico de arte desde o Correo Literario que fundou con Seoane y Cuadrado en Bos Aires. Ademáis, publicou artigos, ensaios e monografías sobre artistas como Murillo, Dalí ou o propio Seoane, entre outros. Nesta edición do Día das Letras Galegas, Caixanova invita ao lecer co mellor arte xestado en Galicia e fóra dela neste último século e medio a través dun discurso ameno e didáctico enriquecido coas reflexions de Lorenzo Varela. O Espacio Colección Caixanova está no primeiro andar do Centro Social Caixanova, e permanece aberto todos os días da semana. A entrada é gratuíta e o horario é de 18.00 a 21.30 horas de luns a venres e de 11.00 a 14.00 horas e de 18.00 a 21.30 horas os sábados, domingos e festivos.