A paixón de Lorenzo Varela

VIGO

XOÁN CARLOS GIL

Crónica | Letras Galegas A escritora viguesa Marga Romero presentou onte unha biografía do poeta e periodista de intensa vida ao que a Real Academia Galega homenaxea este ano

03 may 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

Marga Romero presentou onte en Vigo o libro que titula simplemente con nome do autor ao que está dedicado este ano o Día das Letras Galegas: Lorenzo Varela . A escritora viguesa fai neste traballo acompañado de ilustracións, unha esculca biográfica para rescatar do olvido ao autor e ao mesmo tempo abrir o apetito literario dos lectores. Exiliado en México, Octavio Paz incorpórao á revista Taller e en 1940 funda a revista Romance , na que colaboraron escritores como Juan Gil Albert ou Ramón Gaya. En 1941 trasládase a Buenos Aires, onde mantén, até o final do seu exilio, unha grande actividade coa publicación de poemas e artigos de crítica literaria, así como traducións ademáis de cargos de responsabilidade na edición de revistas como Correo literario ou De mar a mar , creada por Alberti, Dieste e Ayala. O descubrimento O retorno definitivo a España prodúcese en 1976. Permanece primeiro en Madrid e despois en Galicia, para, finalmente, morrer na capitalen 1978. En galego, Lorenzo Varela publicou Catro poemas para catro grabados (1944), escrito para o álbum María Pita e tres retratos medievales , de Luís Seoane, e Lonxe (1954), con ilustracións do propio Seoane. «Hai escritores, como é o seu caso, no que eles mesmos acaban por converterse en personaxes literarios. Podes ler a súa obra independentemente. Dos Catro poemas para catro gravados , obtés unha imaxe de Galicia. Pero é máis interesante se ademais de lelos sabes por que os escribiu e onde, que razóns o impulsaron a facelo en 1940, cando este tipo de literatura non existía e el estaba exiliado. Para min a biografía é importante en xeral. Relacionado con iso, e a que lle adican as Letras Galegas non sen polémica, penso que se non se lle fixera esta homenaxe seguiría sendo un grande descoñecido», indica Romero que revela cómo foi a toma de contacto: «Eu o descubrín a principios dos 90 falando co escritor Carlos Bernárdez, que reunira a poesía galega de Lorenzo Varela. Eu traballei posteriormente sobre Dieste publicando as entrevistas que se lle fixeran en vida e cando estaba investigando, e falando coa súa viuda, Carmen Muñoz, descubrín a Varela e quedei impresionada. A mín sempre me interesou toda a literatura do exilio, e mais que a literatura, todas as empresas que os exiliados ian creando, como Seoane, Cuadrado ou Varela, que sempre me pareceu unha persona diferente polo seu compromiso político e a súa militancia clara no Partido Comunista». Un antihéroe A autora conta que quixo mostrar a esencia como persoa e como escritor e na percura de material «foron aparecendo cousas. Uns nos levan a outros. Seoane a Dieste, Dieste a Varela...e atando cabos imos vendo como estas illas se xuntan na grande illa do exilio». A biografía empeza «polo momento máis esperanzador da súa vida, cando os aliados liberan París», ainda que logo retoma a historia desde o principio. Da súa longa e axitada existencia, Romero destaca capítulos como a súa participación na Guerra Civil: «Foi soldado coa pluma e coas armas, en primeira línea de fogo». Xa no exilio, México o decepcionou e marcha a Arxentina: «Alí empeza a publicar un libro en español e os dous que ten en galego. Lorenzo Varela pasa a vida fuxindo. No 76 aparece Videla e tamén ten que deixar Argentina. Volta, pero non regresa. Era unha figura importantísima na cultura arxentina, e chega aquí e ninguén o coñece. Era un gran periodista, intelectual, loitador, poeta, é un antihéroe».