Manuel Veiga presentou o libro «O exiliado e a primavera», co que obtivo o Xerais de Novela 2004

VIGO

XOÁN CARLOS GIL

11 mar 2005 . Actualizado a las 06:00 h.

A finais do pasado ano, o xornalista Manuel Veiga acadaba o premio Xerais de Novela cunha obra na que recuperaba a memoria do seu Monforte natal, ubicado nos derradeiros anos da ditadura. En O exiliado e a primavera , Manuel Veiga narra o retorno dun galeguista exiliado a súa cidade para asitir ao enterro da súa nai. Alexandre Marrube, que é o protagonista da novela, vai comprobando dun xeito amargo, como a terra que tivo que deixar tras a guerra, perdeu calquer atisbo de espíritu crítico, e vive nunha apatía casi xeral. Onte, a librería Librouro serviu como escenario para unha reflexión sobre a obra de Veiga, na que tamén participaron o escritor Xosé Luis Franco Grande, e o director de Edicións Xerais, Manuel Bragado, xunto co propio autor da obra. A contraposición entre as dúas Galicia que quedaron tras a guerra civil é o tema de fondo que trata na súa novela o excelente narrador. Esta mesma contraposición é a que pervive no país dende entón. Manuel Veiga é doutor en Ciencias Políticas e Socioloxía e licenciado en Ciencias da Información, e traballa como redactor no semanario A Nosa Terra. Como narrador publicou a novela As ruínas da cidada amada (1998) e os relatos Biografías de malogrados (2001), así como o ensaio O pacto galego na construcción de España (2003). O libro que lle deu o Xerais de Novela 2004 está sendo unha das obras máis vendidas da literatura galega dos últimos meses.