A Escola Municipal de Danza organiza hoxe o Festival dos Reencontros no auditorio

La Voz LA VOZ | VIGO

VIGO

29 abr 2004 . Actualizado a las 07:00 h.

A Escola Municipal de Danza do Concello de Vigo, un ano mais, celebrará unha actuación no auditorio municipal do concello con motivo do Festival dos Reencontros. O acto celebrarase hoxe venres, a partir de as oito do serán. Dende hai oito anos, o director da Escola Municipal de Danza, Wenceslao Cabezas Polo , convoca a agrupacións de música e danza dirixidas por antigos alumnos da Escola, co obxectivo de compartir escenario e reencontrarse da mellor forma posible entre músicos e bailaríns, reencontrarse coas mellores galas, ao redor da música e danza tradicional galega. Amplia participación No Festival dos Reencontros actuarán o grupo de Danza do Centro Cultural de Xinzo en Ponteareas, dirixido por Nieves Represas; o grupo de dúas parellas da Escola Municipal de Danza do Concello de Vigo, dirixido por Polo; o grupo de pandereteiras Corisco de Vigo, dirixido por Pablo González; o grupo de Danza do Centro Cultural Santa Columba, dirixido por Mara Cabezas; e tamén a coral Atlantida de Matamá de Vigo, dirixida por Lucas Alonso.