Del Riego, Illa Couto e Avelino Pousa pechan as celebracións do centenario de Alexandre Bóveda

La Voz LA VOZ | VIGO

VIGO

CAPOTILLO

26 jun 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

A Casa Galega da Cultura acolleu ata onte diversos actos destiñados a conmemorar o centenario do nacemento do galeguista Alexandre Bóveda. O programa de actos rematou onte do mellor xeito posible, reunindo a varias figuras sobranceiras da cultura do país que coñeceron persoalmente ó economista ourensán. Ó redor dunha mesa redonda, congregáronse Francisco Fernández del Riego, Xaime Illa Couto e Avelino Pousa Antelo. Aínda que nun principio estaba prevista a presencia de Isaac Díaz Pardo, obrigas personais impediron que o polifacético persoaxe poidera acudir a cita. A mesa xuntou a tres persoas que coñeceron persoalmente a Bóveda, e que aportaron datos relevantes sobre o ambiente político vivido en Galicia nos días previos ó referendum que aprobou o Estatuto de Autonomía no ano 1936, o tempo que lembraron os dramáticos sucesos que remataron con asasinato de Alexandre Bóveda. Os tres contertulios coincideron na primeira mitade dos anos trinta na militancia das Mocedades Galeguistas, órgano xuvenil do Partido Galeguista que fundou Castelao. Vinculación ca cidade A rolda de conferencias sobre a figura de Bóveda comezou a pasada semana ca presencia do fillo do homenaxeado, Xosé Luis Bóveda que fixo uns apuntamentos biográficos do seu proxenitor. Xosé Luis Bóveda explicou a vinculación do seu pai ca cidade de Vigo cando traballou como funcionario da Subdelegación de Facenda, e a través do contacto que mantiña co grupo galeguista asentado na cidade. Posteriormente, tocoulle a quenda ó profesor universitario Xusto Beramendi, quen contextualizou o nacionalismo galego nos tempos da Segunda República. O pasado martes, Uxío Breogán Diéguez falou sobre a loita de Alexandre Bóveda pola consecución do Estatuto de Autonomía de Galicia no ano 1936. Os actos foron organizados pola comisión pro-centenario e colaboración ca Fundación Alexandre Bóveda e o Concello de Vigo.