A Casa Galega da Cultura celebra o centenario de Alexandre Bóveda

La Voz LA VOZ | VIGO

VIGO

16 jun 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

O pasado 4 de xuño cumpriuse o centenario do nacemento de Alexandre Bóveda, figura sobranceira do galeguismo na primeira metade do século XX. A cidade de Vigo súmase ós numerosos actos que por toda Galicia véñense organizando, e propón unha serie de actividades en colaboura ca comisión pro centenario e coa Fundación Alexandre Bóveda. Diversos persoeiros vencelleados á cultura compartirán os seus coñecementos con público a través de conferencias e unha mesa redonda. A vinculación de Alexandre Bóveda coa cidade de Vigo foi explicada, durante a presentación do homenaxe, polo seu fillo e vicepresidente da Fundación, Xosé Luis Bóveda, que sinalou o traballo de Alexandre Bóveda na subdelegación de Facenda de Vigo e o contacto que mantiña co grupo galeguista asentado na cidade ao que pertenceu. Conferencias O programa comeza mañá, na Casa Galega da Cultura, cunha conferencia de Xosé Luis Bóveda, fillo do homenaxeado, que leva por título Bóveda, apuntamentos biográficos , as 20.30 horas. O xoves 19 de xuño, no mesmo escenario, falará Xusto Belamendi, profesor de Historia Contemporánea na Facultade de Santiago, que contextualizará o nacionalismo galego na Segunda República. O martes 24, Uxío Breogán Diéguez, falará sobre Alexandre Bóveda ou a loita polo Estatuto de Autonomía . O xoves 26 de xuño, terá lugar una mesa redonda na que participarán Francisco Fernández del Riego, Xaime Illa Couto, Avelino Pousa e Isaac Díaz Pardo, testemuñas do nacemento do Partido Galeguista, e coñecedores persoais do home que foi fusilado no ano 1936. Os actos rematarán en Vigo, o día 27 de xuño, coa actuación no auditorio municipal da Coral Casablanca. Urbes como Pontevedra, Ourense e A Coruña tamén celebran este aniversario co fin de revitalizar a figura de Alexandre Bóveda.