O artista lugués expón estes días a súa obra formada por esculturas de ferro e de madeira traballada coa machada nunha céntrica galería viguesa
17 sep 2002 . Actualizado a las 07:00 h.Álvaro de la Vega é un home de trato amable, a pesar de ter xa moita obra colocada en lugares como Barcelona ou Madrid, así como algunha escultura pública no Auditorio da Coruña. -Vostede traballa con ferro e madeira. ¿Débese a algún motivo concreto? -O da madeira é un pouco por cultura, porque eu nacín en Lugo, no medio rural e piquei moita leña de rapaz. Iso nótase nas miñas obras, que son as dun leñador e non as dun ebanista. -¿Estudiou Belas Artes? -Sí, en Barcelona. Fun un estudiante tardío, empecei con 30 anos e rematei aos 35. -¿Como está o mercado da arte en Galicia? -Iso é fluctuante en canto ás vendas. En Vigo hai seis galerías de distintas tendencias, como ésta (Alameda), Bacelos, BCO. En Coruña hai catro ou cinco, en Santiago tres ou catro... -¿O acontecemento da morte de Chillida afectarálle ao mundo da escultura? - Non. Aínda que agora Chillida ocupe espacio nos medios, os escultores sempre seremos de públicos minoritarios, porque a arte plástica require moita colaboración do espectador. Nós nunca seremos estrelas de rock. Queremos que a arte se difunda pero non que se popularice, porque iso implicaría diluírse. -Nembargantes, as esculturas dos espacios públicos sí son coñecidas... -Sí, pero fíxate en que das máis populares como a Serea de Copenhage ou a Estatua da Liberdade non se coñece o autor... -¿Qué tal está a facultade de Belas Artes en Pontevedra? -Os profesores son tan bos como os de calquera outra, pero quizais non haxa o entorno que hai en Madrid ou Barcelona, onde podes ir ao Museo do Prado ou a certas exposicións.