Ventaxas sobre a convencional

La Voz

VIGO

10 may 2002 . Actualizado a las 07:00 h.

Os consumidores non sempre teñen que pagar máis pola calidade xa que os prezos dos productos da horta ecolóxica dependen da forma de comercialización. Normalmente na venta directa a diferencia cos frotos da producción convencional é moi pouca, pero sí se pode duplicar nos comercios. Ághata Broeskamp foi unha das pioneiras en toda España en apostar por este tipo de agricultura. No ano 1994 comezou a facer os primeiros ensaios e no 1997 xa a implantara na súa totalidade. na actualidade tén 2.300 metros cuadrados baixo abrigo e 600 en exterior. Ághata entende que Galicia é un lugar idóneo para esta práctica, que necesita biodiversidade, polas súas características xeográficas e porque nunca podería competir cos grandes monocultivos». A agricultura ecolóxica permite ademáis a conservación do patrimonio xenético autóctono e a sostenibilidade da producción agrícola, favorecendo a fertilidade dos solos e o mantenemento do ciclo natural de ecosistemas e cultivos. Nos últimos anos, a superficie da producción ecolóxica en España aumentou un 41 por cento. O 90 por cento do producto nacional expórtase ós paises comunitarios, sendo Alemania o principal importador.