La Alcaldía de A Coruña pide la inhabilitación de Tebas y la dimisión de Irene Lozano si no hay una Segunda de 24

La Voz

TORRE DE MARATHÓN

EDUARDO PEREZ

Intentó sacar adelante una declaración institucional que no apoyaron ni el PP ni la Marea Atlántica

08 sep 2020 . Actualizado a las 18:47 h.

El PP y la Marea Atlántica negaron ayer el apoyo a una declaración institucional del Concello da Coruña sobre el caso Fuenlabrada. El texto propuesto por el gobierno socialista exige una «rectificación pública» del Consejo Superior de Deportes que abra la puerta a un campeonato de Segunda División de 24 equipos y la inhabilitación de Javier Tebas para ejercer su cargo al frente de la Liga de Fútbol Profesional. En caso contrario, advierte, la presidenta del CSD, Irene Lozano, «sería cómplice do atropelo a toda unha cidade, polo que debería dimitir inmediatamente».

El texto propuesto consta de cinco puntos. En el primero, recuerda que «a cidade da Coruña vén realizando un enorme esforzo para conter dentro do posible as terribles consecuencias da pandemia do covid-19. Ningunha institución ou sector, por moi importante que sexa ou que se sinta, está por riba destas normas, dispostas para coidar do máis relevante que temos: a saúde pública».

De inmediato, la declaración relata la cronología de los acontecimientos, haciendo hincapié en que «tanto os causantes do problema como algúns dos seus aliados intentaron reverter a situación mediante inxustificables ataques ás e aos nosos representantes democráticos, así como a boa parte da cidade e algún dos seus principais símbolos, como foi o caso de Álex Bergantiños».

«O principal instigador e responsable destes graves acontecementos foi o presidente da Liga de Fútbol Profesional, Javier Tebas Medrano. persoas como Javier Tebas non teñen cabida», apunta en el apartado cuarto. «Por desgraza, a actitude da Javier Tebas atopou un socio inesperado», afirma en alusión al CSD, para proponer: «O Pleno do Concello da Coruña esixe unha rectificación pública e inmediata ao CSD na que, entre outras cousas, se acepte unha Liga de Segunda División de 24 equipos e se inhabilite a Javier Tebas para o seu cargo actual. En caso de non proceder así, a actual máxima responsable do Consejo Superior de Deportes, Doña Irene Lozano, sería cómplice do atropelo a toda unha cidade, polo que debería dimitir inmediatamente do seu cargo».

«A Coruña é unha cidade orgullosa e con valores. Seguirémolo demostrando», concluye en el último punto.

El rechazo de PP y Marea se produjo a 48 horas de un pleno en el que se debatirán sendas mociones sobre el asunto. La Marea pide que se declare a Tebas persona non grata en A Coruña. Los conservadores, para quienes «a decisión socialista de afundir ao Deportivo é unha decisión política», reclaman la dimisión de Lozano y una rectificación del delegado del Gobierno. En una nota de prensa añadieron: «Roberto García también preguntó en la comisión informativa a los concejales por las gestiones realizadas por el Gobierno municipal relacionadas con el RC Deportivo. La actual concejala de Deportes afirmó que sólo conoce lo que ha salido publicado en los medios de comunicación y su predecesor se limitó a manifestar que se habían puesto a disposición del club para lo que fuese necesario. El Popular considera que ambas respuestas muestran claramente la descoordinación e improvisación del Gobierno municipal, ya que ni uno ni otro supieron explicar qué gestiones se hicieron relacionadas con el RC Deportivo, en caso de que se haya hecho alguna más allá de comunicados y mensajes en redes sociales, a la vista de que el CSD, dependiente del Gobierno socialista del Estado, se decantó por apoyar a Tebas y al Fuenlabrada y castigar al Deportivo y a A Coruña. Al respecto, el PP recuerda que ha presentado una moción que se debatirá en el Pleno del próximo día 10 para lograr la unanimidad de la Corporación coruñesa en la exigencia de dimisión de Irene Lozano como presidenta del CSD. Lozano tenía la responsabilidad política de solucionar el esperpento vivido durante este mes y medio. La solución tenía que ser política y la solución ha sido un fracaso político. Lozano y el PSOE tendrán que explicar por qué en julio culpaban a La Liga y al Fuenlabrada y en agosto los blanquearon».

La Marea Atlántica, mediante su cuenta de Twitter, mostró sus argumentos para el rechazo: «Porque as mocións debátense, as declaracións institucionais non. E o PSOE non quere falar de Irene Lozano e o seu papel. Mesmo chegou a encargar informes ao secretario municipal para obstaculizalo. Con nós que non conten para a lei do silencio. Transformamos a proposta nunha moción, para ser debatida. E agora, despois da vergoñenta postura do Consello Superior de Deportes, lavando as mans e protexendo a Tebas... agora o PSOE si quere unha declaración institucional. En xullo propuxemos unha declaración institucional para declaralo persoa non grata pola súa implicación na viaxe do Fuenlabrada e por adulterar a competición. Foi rexeitada polo goberno».

TEXTO ÍNTEGRO DE LA PROPUESTA DE DECLARACIÓN INSTITUCIONAL

DECLARACIÓN INSTITUCIONAL CASO FUENLABRADA

Diante dos feitos ocorridos na Coruña durante o mes de xullo e agosto que, coñecidos como Caso Fuenlabrada, provocaron graves prexuízos sanitarios, económicos e deportivos á cidade, o Pleno do Concello da Coruña por unanimidade quere emitir a seguinte

Declaración Institucional:

 1- Desde principios do presente ano de 2020, a cidade da Coruña vén realizando un enorme esforzo para conter dentro do posible as terribles consecuencias da pandemia do COVID-19. As importantes restricións, como o longo confinamento, atoparon unha resposta exemplar por parte da cidadanía, que con moi escasas excepcións continúa a día de hoxe a seguir escrupulosamente as medidas que as distintas administración tivemos que tomar para frear o virus. Este sacrificio supuxo e supón un enorme reto diario que atinxe a todas e todos. Polo tanto, ningunha institución ou sector, por moi importante que sexa ou que se sinta, está por riba destas normas, dispostas para coidar do máis relevante que temos: a saúde pública.

 2- O pasado luns 20 de xullo, o Club de Fútbol Fuenlabrada, co aval da Liga de Fútbol Profesional, viaxou á Coruña e se instalou na cidade a pesar de que desde dous días antes sabía da existencia dun brote de Covid-19 no equipo, malia o cal se desprazaron en avión e autobús e acudiron e se moveron polas instalacións dun céntrico hotel. Finalmente, ao descubrirse a gran dimensión do brote, a expedición tivo que ficar en corentena, causándolle polo efecto mediático un enorme prexuízo á actividade económica da cidade, así como impedindo, tras a inxusta decisión da Liga de disputar o resto da xornada, que o Real Club Deportivo puidese defender en igualdade de condicións a súa permanencia en Segunda división. Polo tanto, nin o Fuelanbrada nin a Liga actuaron como indican as normas, causando un forte dano sanitario, económico e deportivo á Coruña.

 3- Ante a gravidade dos feitos, o Concello da Coruña reaccionou con rapidez, tanto no plano da denuncia pública como no legal, poñendo a disposición da Fiscalía a información existente, da que se derivou a apertura de dilixencias nun Xulgado de Instrución da cidade. Tamén a Xunta de Galicia estudou o ocorrido, ante o que xa emitiu, en función das súas competencias, unha proposta de forte sanción para Fuenlabrada e Liga de Fútbol Profesional. A pesar destas evidencias, tanto os causantes do problema como algúns dos seus aliados intentaron reverter a situación mediante inxustificables ataques ás e aos nosos representantes democráticos, así como a boa parte da cidade e algún dos seus principais símbolos, como foi o caso de Álex Bergantiños, capitán do Real Club Deportivo vítima dunha burda manipulación que en ningún caso ensombrece a súa dignidade, que unánimemente recoñecemos hoxe neste Pleno.

 4- O principal instigador e responsable destes graves acontecementos foi o presidente da Liga de Fútbol Profesional, Javier Tebas Medrano, que en todo momento demostrou un absoluto desprezo tanto polas medidas a prol da Saúde Pública como pola cidade da Coruña, as súas autoridades e, especialmente, as súas xentes. A actitude e as actuacións de Javier Tebas representan exactamente os valores contrarios aos que compartimos na Coruña, urbe de talante aberto, comunitario, solidario e vangardista. Desde o Pleno do Concello declaramos unha vez máis que nas nosas rúas, persoas como Javier Tebas non teñen cabida, agás no que respecta a responder polo seu comportante ante a Xustiza.

 5- Por desgraza, a actitude da Javier Tebas atopou un socio inesperado. En contra da exemplaridade obrigada do servizo público e mesmo das súas propias afirmacións un 22 de xullo, o Consejo Superior de Deportes dimitiu das súas responsabilidades coa saúde pública e o xusto funcionamento das competicións e deixou completamente impunes as irregularidades cometidas polo Fuenlabrada e pola Liga de Fútbol Profesional, ademais de renunciar a calquer tipo de reparación ás vítimas do ocorrido: o Real Club Deportivo e a nosa cidade. Ante esta grave decisión, o Pleno do Concello da Coruña esixe unha rectificación pública e inmediata ao CSD na que, entre outras cousas, se acepte unha Liga de Segunda División de 24 equipos e se inhabilite a Javier Tebas para o seu cargo actual. En caso de non proceder así, a actual máxima responsable do Consejo Superior de Deportes, Doña Irene Lozano, sería cómplice do atropelo a toda unha cidade, polo que debería dimitir inmediatamente do seu cargo.

 6- Por último, o Pleno do Concello reafirma o seu compromiso coa saúde pública e agradece publicamente o comportamento da cidadania na grave crise que atravesamos. Así mesmo, amosa o seu recoñecemento a todas as persoas e institucións que apoiaron á cidade durante os acontecementos aos que nos referimos nesta Declaración, así como agradece que a Real Federación Española de Fútbol si cumprise coas súas obrigas institucionais. Así mesmo, este Pleno lanza de novo un berro de apoio a un dos grandes símbolos e motores económicos da cidade, o Real Club Deportivo, que nestes complicados intres seguirá tendo aquí, en María Pita, un aliado, así como nos milleiros de coruñeses e coruñesas que volverán dar un exemplo de amor ao branquiazul na tempada que está a piques de comezar. A Coruña é unha cidade orgullosa e con valores. Seguirémolo demostrando.

 A Coruña, a 10 de setembro de 2020.