Eduardo Míguez: «Nós reciclamos e somos sostibles, pero a sociedade aínda non paga iso»

a. buíncas REDACCIÓN / LA VOZ

TERRA

O director de Puerto de Celeiro anuncia que van tratar de que o peixe chegue na mesma caixa do barco ao punto de venda

29 mar 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

Cando unha guerra e un paro como o do transporte irrompen como o fixo a semana pasada e o anterior na rutina de Puerto de Celeiro, andar en círculos está de máis. Hai que ir en liña recta para atallar o problema. A sostibilidade sigue presente, dentro dos plans, pero non dos máis inmediatos. Incluso unha organización como a OPP 77 Puerto de Celeiro, comprometida coa reciclaxe, a reutilización, a economía circular... apárcao todo para centrarse en que o produto dos pescadores chegue ao seu destino. Porque a fin de contar, diso se trata: de pescar e comercializar pescado.

—Que fai Puerto de Celeiro no eido da economía circular?

—A Confraría de Pescadores Santiago Apóstol e Puerto de Celeiro participamos no proxecto Upcycling the oceans, no que están Ecoembes e a Fundación Ecoalf para atallar o problema do lixo mariño. Os barcos levan a bordo un colector para poñer os plásticos, as redes, os cabos... E despois eses desperdicios que retiran do mar deposítanos nuns depósitos diferenciados. Ecoembes ten un servizo de recollida que pasa varias veces ao mes e ese lixo recíclase e aprovéitase en prendas téxtiles. Tamén estamos a piques de arrancar co proxecto Reduse II, que puxo en marcha a Confederación Española de Pesca (Cepesca) para desenrolar un sistema de xestión responsable de artes de pesca. Trátase diso, de reciclar, aproveitar máis os aparellos, desbotar menos redes, que duren máis tempo os cabos...

—Os profesionais implícanse neses proxectos?

—Si. Nós todo o que é reciclar, contribuír ao mantemento do entorno, aproveitar o lixo, traer a terra os desperdicios que hai no mar... estamos máis que de acordo. Nós facemos todo iso, pero a sociedade aínda non paga máis porque ti sexas tan marabilloso e tan sostible. Entón, chega un momento que dis: ‘Eu estou facendo un esforzo que ao final é diñeiro, porque os mariñeiros teñen que facer máis traballo, e temos que recoller eses bidóns… Nós facémolo, por ter cousas que nos vaian diferenciando e porque somos así, pero...