Televisión de Galicia retransmite en directo os partidos de pretempada do Celta e o Deportivo

La Voz

TELEVISIÓN

Un cámara de televisión retransmitiendo un partido de fútbol en un estadio
Un cámara de televisión retransmitiendo un partido de fútbol en un estadio CESAR QUIAN

A canle galega ofrecerá os encontros que se disputen en España e nas xiras internacionais 

07 jul 2026 . Actualizado a las 13:34 h.

A Televisión de Galicia retrasmitirá en directo os partidos de pretempada do Celta de Vigo e o Deportivo de A Coruña, os dous equipos galegos que xogarán a vindeira tempada en primeira división. Para o equipo vigués serán un total de seis partidos previos ao inicio de La Liga que se disputarán entre o 18 de xullo e o 8 de agosto. Polo momento hai tres citas confirmadas. A primeira será o sábado 18 de xullo ás 20.30 horas en Braga, fronte ao equipo luso desta cidade. Esta será a estrea oficial da pretempada e a primeira ocasión para ver aos xogadores e ás novas incorporacións. Unha semana despois, o sábado 25 de xullo ás 20.00 horas, o Celta debuta en Galicia para xogar ante o Spórting de Xixón no Campo da Lomba de Vilagarcía de Arousa.

A penúltima cita do calendario está prevista para o mércores 5 de agosto, ás 20 horas, coa visita ao Sassuolo, equipo da Serie A italiana, que conta con catro xogadores mundialistas. Ademais, os de Claudio Giráldez teñen previsto xogar o martes 28 de xullo, o venres 31 e o sábado 8 de agosto, encontros que aínda teñen pendiente de confirmación o rival e o horario. Tamén estes poderán verse en directo en TVG.

No que respecta ao Deportivo de A Coruña, as cámaras de Televisión de Galicia acompañarán ao equipo nos seus seis encontros por Galicia, Asturias, Alemaña e Italia antes do inicio da temporada oficial de La Liga para enfrontarse a Compostela, Lugo, Oviedo, St. Pauli, Fiorentina e Genoa. O primeiro partido será o sábado 18 de xullo, ás 20 horas, co encontro que o Deportivo disputará ante a SD Compostela no estadio Vero Boquete de Santiago. Unha semana despois, o sábado 25 de xullo, ás 19.30 horas, o equipo dirixido por Antonio Hidalgo visitará o Real Oviedo no Carlos Tartiere. O terceiro compromiso terá lugar en Vilalba, o mércores 29 de xullo, ás 19.30 horas, no estadio da Magdalena, onde o Deportivo xogará co CD Lugo.

A xira internacional do equipo coruñés comezará en Alemaña o sábado 1 de agosto, ás 18.30 horas, cun desprazamento a Hamburgo para enfrontarse ao FC St. Pauli no Millerntor Stadion. A preparación continuará en Italia con dous encontros de alto nivel: o xoves 6 de agosto, ás 20 horas, ante a Fiorentina no Stadio Artemio Franchi, e o sábado 8 de agosto fronte ao Genoa no Stadio Luigi Ferraris, con horario pendente de confirmación.