«Atrápame se podes» organiza tres castings na Coruña e Narón

La Voz REDACCIÓN / LA VOZ

TELEVISIÓN

Imaxe dun cásting de «Atrápame se podes»
Imaxe dun cásting de «Atrápame se podes» EDUARDO PÉREZ

O bote do programa supera xa os 5.000 euros

03 nov 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

O programa Atrápame se podes, chanzo arriba da TVG busca novos concursantes. O fará con tres castings nas vindeiras semanas, dous deles na Coruña e un en Narón. As persoas interesadas en participar no concurso e levar o bote que xa supera os 5.000 euros deberán achegarse ao Centro Comercial Cuatro Caminos da Coruña os días 4 e 11 de novembro ou ao Centro Comercial Odeón o día 8 de novembro.

Os horarios serán de 11.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 19.00 horas. O único requisito previo é ser maior de idade. Tamén existe a posibilidade de presentarse sen acudir aos castings presenciais. Para iso, é necesario enviar os datos de contacto a atrapamesepodes@crtvg.gal.

En caso de non levar o bote, o gañador do día pode facerse cun petisco de 200 euros. O Atrápame vén de entregar o pasado mes de setembro un bote de 45.600€. Sonia Gándara, dependenta dunha tenda de roupa da Coruña, foi a gañadora. Ao bote sumoulle 1.000 euros que acumulou en petiscos durante a súa participación no concurso, xa que chegou a cinco minutos finais, en varios dos cales quedou a unha soa pregunta de facerse co premio.

O Atrápame se podes, chanzo arriba está presentado por Paco Lodeiroemítese na Televisión de Galicia de sábado a mércores a partir das 21.45 horas.