O programa «Anacos de vida» achégase a Santa Comba co seu novedoso formato

Redacción LA VOZ

TELEVISIÓN

02 nov 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Anacos de vida é un novo formato audiovisual, presentado por Aser Álvarez e Alba Prol, que nos fai viaxar no tempo grazas a esas pequenas e grandes historias que nunca saen nos libros, as historias que descubrimos tralas mellores fotografías e imaxes de Galicia, neses anacos de vida que os nenos e as nenas procuran en cada capítulo para achegarnos todos os segredos as historias dun lugar.

No episodio que se emite hoxe (TVG, 18.55 horas), os espectadores viaxarán ata Santa Comba, a terra do Xallas. «Poñeremos a proba ao noso superequipo de investigadores para resolver a foto misteriosa. Emocionarémonos coas historias da emigración desta comarca cunha santacombesa internacional, a actriz Isabel Blanco. E tamén imos inmortalizar un concurso agardado nesta terra desde fai anos acompañando a un dos seus participantes, o mozo gandeiro Ismael», explican desde a TVG.