A ficción seriada protagoniza o Curso Audiovisual de Celanova

As claves de «El secreto de Marrowbone», entre os contidos da apertura

.Os organizadores
Os organizadores

ourense / la voz

O Curso de Medios Audiovisuais de Celanova, que dende hai quince anos organizan a Fundación Carlos Casares e a Universidade de Vigo, centra este ano o seu foco en coñecer e analizar as singularidades da ficción seriada, xunto coa «súa historia, aparición, auxe e transformación». A xornada inaugural do Cemac estivo protagonizada polos proxectos e iniciativas que está a desenvolver Mediaset España. Manuel Villanueva, director xeral de contidos; Félix Sabroso, do departamento de análise de guións de ficción, e Sergio G. Sánchez, que se centrou nas nas claves do éxito de El secreto de Marrowbone, protagonizaron o primeiro día do curso.

Manuel Villanueva iniciou aos alumnos universitarios na realidade «de como se canaliza a realización e todo o proceso relativo á creación das series de televisión e a relación coa produción cinematográfica, tanto para formatos en aberto como de pago». Sinalou que, no caso de Tele 5, «os tres piares son a actualidade, a información e a ficción» e que neste último apartado hai unha aposta forte por parte de Mediaset. «Temos grandes proxectos. Agora mesmo contamos con dúas series en rodaxe e estamos metidos de cheo coa segunda parte de Vivir sin permiso», sinalou. Félix Sabroso díxolle aos universitarios reunidos en Celanova que a clave do traballo está na curiosidade e Sergio G. Sánchez salientou o extraordinario momento que vive a ficción, coa cantidade de canles e plataformas coas que traballar. Ata o 6 de xullo pasarán polo Cemac ponentes como os actores da serie Fariña; a responsable de Voz Audiovisual, Fernanda Tabarés, ou a coordinadora do audiovisual da Agadic, Dolores Meijomín.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

A ficción seriada protagoniza o Curso Audiovisual de Celanova