«Dalia, a modista», una miniserie de época con amor y misterio para TVG

Esta nova ficción galega que consta de catro capítulos está na súa fase de producción coa previsión de emitirse en outubro


Redacción

Coa súa máquina de coser Singer e unha chea de preguntas sobre o suicidio da súa nai, a modista Dalia chega a Prescedo na procura de respostas. O que atopará non deixará de sorprendela, xa que falecida levaba unha dobre vida nunha vila chea de segredos. Ese é o punto de partida da miniserie Dalia, a modista, unha produción de CTV para Televisión de Galicia que nestes momentos está na súa fase de produción coa previsión de emitirse en outubro. 

Esta nova ficción galega consta de catro capítulos que contarán cunha trama que combina misterio, amor e superación e ambientada nos anos 50, unha época que será fielmente reflexada no vestiario e na ambientación.

Baixo a dirección de Giselle Llanio, a serie terá como protagonistas a actores como María Mera, Manuel Sanmartín, Luísa Merelas, Susana Sampedro e Fernando González.

A gravación da miniserie tivo lugar en localizacións naturais como o Pazo de Rubiáns, en Vilagarcía de Arousa, así como nos concellos de Noia e Vedra, e rematou a semana pasada.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Tags
Comentarios

«Dalia, a modista», una miniserie de época con amor y misterio para TVG