«A primeira vez que oficiei misa en latín foi para min un shock»

b. p. l.

TELEVISIÓN

Encarna a un sacerdote moderno que intenta agradar a don Crisanto

23 feb 2014 . Actualizado a las 07:00 h.

Padre Casares cumpriu o domingo pasado douscentos capítulos cun novo récord de audiencia. Unha media de 219.000 espectadores viron o regreso a Louredo de Horacio Casares convertido agora en bispo da diocese e a chegada do novo sacerdote, don Perfecto. Está interpretado polo actor Xúlio Abonjo e hoxe (TVG, 22.05 horas) deixará ver o seu perfil máis moderno e conciliador.

-¿Como foi a aterrizaxe e adaptación á vida en Louredo?

-Tiven que adaptarme rápido, pero os outros actores facilitáronme moito o traballo e o feito de ir construíndo o personaxe sobre a marcha. É unha serie xa moi consolidada e máis que compañeiros son amigos. Un ambiente así de bo é indispensable para gravar calquera serie.

-¿Como lle senta a sotana?

-O meu personaxe non vai case nunca vestido de cura. É un sacerdote moderno, que vai vestido de pana. Non hippy, como di don Crisanto, pero si informal. Só levo a roupa de cura cando dou misa. A primeira vez que tiven que oficiar misa vestido de cura e en latín si que foi para min un shock. Dar misa non é complicado coñecendo os ritos, pero o latín si. Hai que memorizalo todo, porque eu non sei improvisar en latín.