Antonio Durán, «Morris»: «Tirar os prezos do mercado non é a maneira de manter o sector audiovisual galego»


Santiago / la voz

Morris é un dos voceiros da Coordinadora de profesionais do audiovisual galego que denunciou o que consideran unha práctica desastrosa para o sector en Galicia.

-¿Como valora a comunicación da produtora?

-Nós entendémolo como unha rectificación e como un éxito das mobilizacións que fixemos. Pero para nós non é unha meta porque imos facer unha vixiancia para que se cumpran os termos dos convenios existentes tanto para os actores como para os técnicos e, ademais, tamén estudaremos cales son as condicións nas que se contratan guionistas ou directores aínda que estes non teñan convenio.

-¿Cal foi o inicio deste conflito?

-Comezamos a recibir denuncias de profesionais sobre ofertas para traballar na serie O Faro cunhas cantidades que estaban claramente por baixo dos convenios. O que se explicaba neses casos e o que explicaron as produtoras antes de producirse as mobilizacións é que para facer unha serie como esta había que asumir rebaixas nas remuneracións establecidas polos convenios.

-¿Como analizan esta oferta inicial?

-Nós non entendemos razoable que para salvar unha serie haxa que renunciar aos convenios e ás garantías que ofrecen para os actores pero tamén para a calidade das series. Máis se entendemos que o 50 % desta serie está financiada pola Televisión de Galicia aínda que a serie en si mesma non cumpra os requisitos que ten marcados a TVG.

-¿Afecta este conflito ao sector audiovisual en Galicia?

-Nos cremos que este non é o modelo para un sector. Tirar o mercado non é a maneira de manter o sector en Galicia, entre outras cousas porque hai que ver cal é a calidade que se pode conseguir con esas condicións de traballo e co ritmo de produción. Pero incluso sen ter en conta o resultado final, non ten sentido tirar cos prezos porque iso vai afectar seriamente ao conxunto do sector.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
8 votos
Tags

Antonio Durán, «Morris»: «Tirar os prezos do mercado non é a maneira de manter o sector audiovisual galego»