O «Xabarín Club», premio Fernando Rey da Academia Galega do Audiovisual

Redacción / La Voz

TELEVISIÓN

O espazo infantil da TVG está a piques de cumprir 20 anos e foi pioneiro en España deste tipo de programas

12 feb 2013 . Actualizado a las 07:00 h.

A Academia Galega do Audiovisual (AGA) vén de conceder o seu premio de honra Fernando Rey ao espazo infantil da TVG Xabarín Club, que está a piques de cumprir 20 anos e que foi pioneiro en España neste tipo de programas. «O Xabarín conseguiu espallar a lingua galega da man dos máis cativos e mesmo deu nome a toda unha xeración», subliñaron onte desde a academia. O galardón será entregado na gala dos Mestre Mateo 2013, que se celebrará o vindeiro 6 de abril no Pazo da Ópera da Coruña. Os finalistas aos premios da AGA serán anunciados este venres, ás 12.30 horas, nun acto presentado por Luís Tosar e Camila Bossa no Salón Teatro de Compotela.