Xosé visita o conflitivo e musical barrio de Brixton


docushow | 00.00

Nova entrega, na noite do venres, deste programa, a experiencia vital dun xornalista galego que tenta sobrevivir en Londres.

Xosé está espremendo ao máximo a súa vida na capital. Despois de tomar unhas pintas ao pintoresco barrio de Camden, segue explorando territorios míticos da cidade londiniense. Neste caso Xosé vai de aventura ao conflitivo e musical barrio de Brixton. Esta zona foi escenario, durante décadas, de importantes disturbios raciais e ao mesmo tempo segue a ser un dos centros musicais de Londres. De alí é David Bowie ou Morcheeba. Xosé empaparase da vida de Brixton, chea de xamaicanos e árabes. Falará de reggae cun rastafari, coñecerá de primeira man que é a carne Halal, típica dos árabes, e finalmente asistirá a unhas das miles de actuacións de rúa que se producen acotío en Londres, concretamente na entrada do metro. ¿Correrá perigo o bo de Xosé?

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos

Xosé visita o conflitivo e musical barrio de Brixton