María Xosé Silvar e Zinc So, a oferta desta noite en «Música ambiente»

La Voz

TELEVISIÓN

28 oct 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

música | 23.30

Nova entrega do programa que xira en torno a unha novidosa idea: levar a música á rúa e con ela a moitos grupos galegos que tocan en directo en espazos pouco habituais e insólitos, conseguindo así unha nova dimensión sonora e visual que enriquece a actuación.

A primeira proposta xorde da Coruña, de onde é María Xosé Silvar, unha rapaza que ten una extraordinaria voz coa que poderán gozar os espectadores de Música ambiente.

O programa desprázase logo ata Lugo para descubrir a unha das máis atractivas formacións do actual panorama musical galego. Trátase de Zinc So, unha banda que pode presumir de ter compartido escenario con grupos consagrados como Love of Lesbian e Zenttric, entre outros. A Zinc So acompáñano boas críticas e un prometedor futuro.