Por que din países se queren dicir literaturas

Camilo Franco

TELEVISIÓN

17 jun 2007 . Actualizado a las 07:00 h.

Hai confusións que non se resolven falando. E hai respostas que non están no vento porque, agás no sexo, todos os que están por riba queren seguir como están. Habendo tantos académicos para darlle o Príncipe de Asturias decidiron darllo a un rockeiro. Unha das grandes vantaxes do rock é que era antiacadémico, pero está claro que a CIA quere desactivar, aínda que sexa con corenta anos de retraso, calquera tipo de estímulo contestario pola vía da asimilación. Xa non respectan nada. Os revoltosos esperan que Bob Dylan non recolla o premio para que non teña que pór un traxe. Pero se non vén, ¿que pasa cos cartos? ¿Danllos igual? Entón non vai vir. Nestes casos é cando hai que ler a Albert Camus. Falando de erros, rebumbio en Cataluña pola Feira do libro de Fráncfort. Especialmente aqueles que pensan que nación e idioma son conceptos separados protestan agora porque, sendo cataláns, non foron invitados a ir. Son os mesmos que participan en Frankfurt cando a feira está adicada a España e non protestan porque non haxa autores en catalán. Bastaría con entender que non se invitan países e si literaturas. Tampouco hai que deixarse enganar: do que falan de verdade é do mercado que poden perder. Sen cancelas 3 Desque alguén dixo que o audiovisual galego era a conciencia da súa nada leva cambiado a historia. Pero quizais arrastramos esa manía de non deixar de falar en debates e foros, de volver sobre necesidades e carencias sen decatarnos daquela famosa frase de John Lennon (que non levou o Príncipe de Asturias) que preguntaba «a quen lle interesa falar de sexo podendo practicalo». Falar está ben, pero non vai ser que teñamos en Galicia un exceso de cine oral. Se queres comentar