Os luns, máis información cultural

La Voz

TELEVISIÓN

MIRAXES | TVG | 00.50

14 ene 2007 . Actualizado a las 06:00 h.

Ademais do fin de semana, o espazo dirixido por Francisco Novo emitirase os luns con moitas novidades. Haberá unha sección da arquitectura que se fai no país. Delia Corujo e Montse Montaos comentarán tendencias, e artistas, poetas, músicos e creadores proporán mundos novos aos espectadores. Continúan Antón Lopo na crítica de espectáculos e Susana Cendán na de artes plásticas.