Alberto Ramos narra unha desaparición en «Dor pantasma», premio Biblos

La Voz LA VOZ | REDACCIÓN

TELEVISIÓN

26 dic 2006 . Actualizado a las 06:00 h.

O escritor compostelán Alberto Ramos presentou onte en Ámbito Cultural de El Corte Inglés da súa cidade natal a novela Dor pantasma , coa que gañou a segunda edición do Premio Biblos-Pazos de Galicia. Ante un público de máis de duascentas persoas, o escritor falou do seu libro, que narra a desaparición dunha moza de Cangas do Morrazo sen razóns coñecidas, así como o baleiro que deixa na súa familia e nos seus amigos. O autor estivo acompañado polos responsables de Pazos de Galicia, Xavier Goyanes, e Biblos, Tucho Calvo, así como polo xornalista de La Voz Jesús Flores. Este último analizou a novela e leu algúns dos anacos que considerou máis significativos. Despois da presentación de onte en Santiago, os actos continúan hoxe en El Corte Inglés da Coruña e mañá no de Vigo. Dor pantasma aparece á vez en galego e na tradución ao castelán de Saleta Fernández. Biblos creou o premio que leva o nome do club de lectores para promover a creación en galego entre mozos; o gañador contou ademais co asesoramento dun escritor recoñecido no proceso final do seu libro.