O Pen Clube reúne a 56 escritores para falar de modelos e perfís

La Voz C. P. | SANTIAGO

TELEVISIÓN

Os autores iberoamericanos son maioría nunhas sesións que rematán mañá Nélida Piñón deu a conferencia de apertura falando do seu universo literario galego

14 dic 2006 . Actualizado a las 06:00 h.

O primeiro Encontro Internacional de Escritores organizado polo Pen Clube Galego reúne en Compostela ata mañá a 56 autores, a maioría iberoamericanos, que analizarán os novos modelos e perfís dos escritores e dos lectores e os novos rumbos da creación literaria nunha sociedade mediática e metida de cheo nas novas tecnoloxías. A escritora galego-brasileira Nélida Piñón foi a encargada da conferencia de apertura nun acto celebrado no Paraninfo da Universidade de Santiago ao que asistiron o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño e a conselleira de Cultura, e no que o presidente do Pen galego, Luís González Tosar, designou a Alejandro Finisterre, o galego que ademais de inventar o futbolín destacou polo seu labor como editor en México, durante 87 anos, como decano dos participantes neste encontro Da pedra e da palabra . E foi Finisterre quen marcou a diferenza no protocolario acto cando, fóra de programa e no momento que as autoridades se erguían, anunciou que a súa dona, a soprano María Herrero, ofrecería a capella unha pequena peza. E cantou a Cantinela de Villalobos .