O encontro do Pen fará de ponte entre varios sistemas literarios

A xuntanza de escritores de Santiago conta co apoio da Unesco As sesións abordarán dende a liberdade de expresión e creativa ata a literatura da inmigración


la voz | redacción

O primeiro encontro internacional de escritores De pedra e de palabra , organizado polo Pen Club galego co apoio da Unesco, celebrarase en Santiago entre o xoves e o sábado da vindeira semana, nace con dúas vocacións: servir de ponte entre o sistema literario galego e outros ámbitos lingüísticos, como a lusofonía, as letras hispánicas e as culturas europeas; ademais, arrinca co propósito da continuidade e de converterse nun foro anual. Tamén se elaborará a Declaración de Compostela ao final do encontro, que equivaldrá a un crédito de libre configuración.O encontro ábrese o xoves coas intervencións de Luís González Tosar, presidente do Pen; a escritora Nélida Piñón, e o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño. O primeiro debate, Vello e novo mundo , reunirá a Pío Serrano, Sergio Macías, Jose Luis Ferreira, Alfredo Conde e Xavier Alcalá, mentres que na sesión sobre o poder mediático falarán Antonio Skármeta, Nélida Piñón, Rui Zink, Carlos G. Reigosa e Tucho Calvo. O venres analizarase o perfil do escritor, con Alfredo Pérez Alencart, Remo Ruiz, Manuel Rodrigues Vaz, Xesús Rábade Paredes e Bieito Iglesias. Pola súa banda, Diego Bagnera, David Castillo, Francisco Álvarez Velasco, Jaureguizar e Manuel Focardela centraranse nas novas tecnoloxías. Sobre inmigración e literatura intervirán o sábado René Arrieta, Jorge Carlos Amaral, Alberto Oliveira Pinto, Julião Soares de Souza e Víctor Omgbá. As mulleres escritoras serán o tema de Clara Obligado, Filipa Leal, Ada Castells, Luisa Castro e María do Cebreiro. Para rematar os debates do encontro, sobre liberdade de expresión e a creatividade falarán José Emilio Pacheco, Lasse Söderberg, Ana María Matute, Carme Riera e Xabier Seoane.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos

O encontro do Pen fará de ponte entre varios sistemas literarios