Teatro do absurdo no Carballiño coa obra «Esperando a Godot»

La Voz

TELEVISIÓN

06 sep 2006 . Actualizado a las 07:00 h.

Logo de que onte a Factoría Teatro representase a peza Os homes só contan ata tres, de Antón Lopo, continúa o Festival de teatro galego do Carballiño coa obra Esperando a Godot, de Samuel Beckett. Talía Teatro será a encargada de darlle vida a personaxes como Vladimir e Estragon, dous vagabundos que agardan xunto a un camiño a un tal Godot, con quen teñen unha cita. Esta trama emblemática do chamado teatro do absurdo é unha das pezas máis representativas da obra de Beckett. O Carballiño. Ás 20.30 horas. Prezo, 5 euros.