Santiago Lopo gaña o sexto Premio de Novela por Entregas de La Voz

La Voz LA VOZ | REDACCIÓN

TELEVISIÓN

A historia publicarase no periódico no mes de agosto a razón dun capítulo diario O vigués impúsoxe con «Game over», un conto novidoso cun fondo de «humor retranqueiro».

13 jul 2006 . Actualizado a las 07:00 h.

O xurado do sexto Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia non o tivo nada fácil este año. As dúas novelas finalistas foron dunha grande calidade, pola súa orixinalidade e frescura. Tras un debate, o gañador foi Santiago Lopo, que presentou a novela Game over ; quedou en segundo lugar Inma López Silva, que tiña presentado Non quero ser Doris Day . A novela premiada foi tal por, segundo a acta do xurado, ser «máis novidosa, por entender que mantén a tensión desde o primeiro capítulo, graduándoa deica ao final; pola denuncia implícita que fai dos problemas derivados da adición aos xogos virtuais e por facelo todo sen esquecer un fondo de humor retranqueiro». O xurado estivo formado por: Ernesto Sánchez Pombo, director de Opinión de La Voz; Luis Ventoso Castiñeira, director adxunto de La Voz; Tucho Calvo, redactor xefe de Accións Especiais de La Voz; Carlos Freire Cordido, en calidade de gañador do ano anterior; e Blanca-Ana Roig Rechou, catedrática de Língua e Literatura Galega da Universidade de Santiago de Compostela e crítica literaria, que fixo as veces de secretaria do xurado. Publicación en agosto será editada no periódico a razómn dun capítulo diario ao longo de todo o mes de agosto e o seu autor recibirá ademais 6.000 euros do premio en metálico. Santiago Lopo é o vigués escritor desta fábula e aos seus 32 anos é licenciado en Tradución e Interpretación pola Universidade de Vigo e profesor de francés na Escola Oficial de Idiomas de Pontevedra. Deuse a curiosa circunstancia que onte o premiado non estivo na gala na que se entregou o galardón, no museo de La Voz de Galicia, e foi a súa irmá María quen encargouse, con moita sorpresa, de recoller o galardón. Santiago Lopo está moi vinculado á literatura e xa quedou de finalista neste premio na edición anterior, e fixo de traductor ao galego das obras de Hervé Guibert, escritor francés morto en 1991 víctima da sida, e publicadas en Edicions Xerais tituladas Citomegalovirus e O meu criado e mais eu . Tamén colabora dende o ano 2000 coa revista Unión Libre (www.unionlibre.org), coordinada por Claudio Rodriguez Fer e Carmen Blanco. O Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia xa recaeu en ocasións anteriores nos seguintes autores e obras: o primeiro ano recuperouse o premio da mán de Tucho Calvo e o seu O xabaril branco ; nas edicións seguintes foi para Marilar Aleixandre con Unha presa de terra, Miguel Suárez Abel con O repenique de Beatriz Goldar , Xosé Antonio Perozo e o seu Caderno de Riparia , Ángel de la Cruz e O descenso do derradeiro ocaso e, o ano pasado, para o moañés Carlos Freire, que presentara Acio sanguento .