Kazuo Ishiguro gaña o Premio de Novela Europea

La Voz LA VOZ | SANTIAGO

TELEVISIÓN

03 jul 2006 . Actualizado a las 07:00 h.

O escritor inglés de orixe xaponesa Kazuo Ishiguro é o gañador da cuarta edición do Premio de Novela Europea Casino de Santiago coa obra Nunca me abandones , que aparecerá publicada en galego antes da entrega do galardón, arredor de marzo do 2007. Ishiguro venceu por un 36,55% dos votos fronte á galega Teresa Moure, finalista con Herba Moura ; Michel Houellebecq, con La posibilidad de una isla ; Helga Schneider, con No hay cielo sobre Berlín ; e Soledad Puértolas, con Historia de un abrigo .