O grupo de pop galego Projecto Mourente publica en Internet o seu primeiro disco

La Voz LA VOZ | REDACCIÓN

TELEVISIÓN

28 abr 2006 . Actualizado a las 07:00 h.

A plataforma de Internet www.aregueifa.net vén de publicar estes días a súa segunda referencia musical. Trátase do traballo do grupo galego Projecto Mourente, que se pode encadrar dentro do xénero musical do techno-pop . O disco titúlase Baixo os eucaliptos e contén once cancións que están dispoñibles de balde no devandito enderezo da Rede. Igual que antes Fanny + Alexander co seu disco Lusco e fusco , as composicións de Projecto Mourente publícanse baixo unha licenza Creative Commons, o que significa que calquera pode copialas e difundilas sen ánimo de lucro e sempre que se cite a procedencia. Projecto Mourente ten como referentes estéticos grupos do estilo de Pet Shop Boys, Fangoria, New Order, Depeche Mode ou Astrud, entre outros, e as súas letras abordan temas como a defensa da imaxinación, o hedonismo retranqueiro e a crítica do amor romántico.