O presidente da Xunta reuníuse coa presidenta da Fundación Camilo José Cela

la voz | santiago

TELEVISIÓN

19 abr 2006 . Actualizado a las 07:00 h.

O presidente da Xunta entrevistouse coa presidenta da Fundación Camilo José Cela, Marina Castaño, trala visita á sede da fundación que realizou onte mesmo, acompañado polo viúva do premio Nobel e polo xerente da entidade. Tomás Cavanna. O que falaron nesta reunión non transcendeu en absoluto, polo que cabe pensar que se limitou a un encontro de cortesía coa responsable da entidade cultural. Pérez Touriño acudiu a sede da fundación cultural padronesa que alberga o legado de Camilo José Cela acompañado polo presidente da deputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda, patrono desta fundación. O titular do goberno galego percorreu as dependencias desta institución, situadas en tres das casas dos coengos, rehabilitadas expresamente, e que están fronte á colexiata de Iria Flavia, parroquia natal do escritor. A visita iniciouna na casa-museo do autor padronés, onde coñeceu os textos escritos a man polo autor de A familia de Pascual Duarte que gardan na Cámara dos Manuscritos, e seguiu pola Sala do Rei e o despacho do escritor. Despois coñeceu as dependencias e fondos da fundación, como a sala de exposicións, paraninfo, hemeroteca e o epistolario do escritor, con más de 70.000 cartas. A Fundación Camilo José Cela creouse en 1986 por iniciativa do autor e con importantes axudas e subvencións públicas.